Adega Quinta do Rebolo

 

rebolo 

RAZÓN SOCIAL        Quinta do Rebolo, S.L.

 

ENDEREZO              Estrada nacional nº 120, Xubín (Cenlle)

 

WEB                       www.quintadorebolo.com

 

TELEFONO              669 463 062

 

E-MAIL                   Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Somos unha adega pequena do Ribeiro, con designación especial de "colleiteiro", o que siginifica que como tales só podemos elaborar as uvas producidas nas  nosas propias viñas, e en ningún caso podemos comprar nin uva nin viño, nin tampouco podemos producir nunca máis de 60.000 litros ó ano. O que nos confire o status de artesáns do viño. Xa que todo o proceso pasa unica e exclusivamente polas nosas mans, dende a poda ata o embotellado e distribucion.

 

Estamos actualmente elaborando 40.000 litros e con miras de chegar aos 60.000 litros tras as plantacións deste ano e as previstas proximamente.

 

Todos os traballos das viñas pasan polas mans do meu socio e eu e das nosas familias, usando man de obra allea en momentos puntuais, tales como a vendima e o esfollado de verán.

Dous terzos  da nosa produccion son de variedades autóctonas, preferentes (mencía, treixadura, godello, albariño, torrontes e loureira) e o restante de varieadades foráneas, autorizadas (palomino), pero de viñas de mais de 40 anos, nas que se foi repoboando con variedades autóctonas e que a dia de hoxe recóllense todas xuntas e elabórase un viño dunha calidade boa a un prezo moi económico.