Adega Valdavia

 

Vinos Valdavia
 

RAZÓN SOCIAL        Adegas Valdavia, S.L.

 

ENDEREZO              Cuñas s/n, 32454 (Cenlle)

 

WEB                       https://adegasvaldavia.com

 

TELEFONO              669 892 681

 

E-MAIL                   comercial@Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Valdavia é unha pequena explotación familiar situada en Cuñas, en pleno Val do Avia, berce dos mellores viños do Ribeiro. A historia da adega e o viñedo, está estreitamente vinculada ao Mosteiro de San Clodio, a cuxo dominio pertenceu nas súas orixes, hai máis de 800 anos.

 

Dispón de algo máis de 2 Ha. de viñedo, rodeando a antiga adega, que foi restaurada respectando materiais e elementos arquitectónicos orixinais, e dotada de todos os medios necesarios para a elaboración de viños de calidade.

 

Os seus viños, de producción limitada, elabóranse a partir da uva procedente dos seus viñedos, o que lles confire personalidade, autenticidade e exclusividade.