O Circuíto Permanente de Orientación Deportivo está situado entre a zona termal gratuíta de Barbantes-Estación e o Hotel Balneario Laias Caldaria dentro do Espazo Natural Ribeiras do río Miño.

Consta de cinco percorridos permanentes de distinta dificultade. Cada percorrido ten impresos uns círculos morados numerados que mostran onde están localizados os postes de control. Os postes teñen medio metro de altura e están marcados co Sinal Internacional de Orientación, que é un cadro branco e laranxa, así como un número de código. (ver fotografía)Poste

Para axudar a localizar cada control hai unha breve descrición con símbolos nunha táboa no lado dereito do mapa de cada percorrido, conforme os criterios IOF.

O obxectivo deste Circuíto de Orientación Deportivo é dar unha volta polo terreo e localizar os postes sinalizados. Cando localizásemos o poste correcto, comprobade que o seu número de código coincide co da descrición do mapa. Cada estaca (excepto a da saída) ten tamén unha pinza tradicional (que funciona como un troquel) por se queredes usar un cartón de control na que picar demostrando o voso paso por cada punto; xa que cada pinza fai unha marca distinta.

¿Qué percorrido elixir?

O Percorrido FÁCIL CURTO é de 3,1 Km e ten 12 controis. Está recomendado para principiantes. Suxerímosvos que empecedes por este percorrido. Hai un para nenos: o Correlín.

A continuación, podedes ver o resto dos percorridos:

 

 

 

 

PERCORRIDO CURTO - SINXELO


 

 

 

 

PERCORRIDO CURTO - DIFÍCIL


 

 

 

 

PERCORRIDO LONGO - SINXELO


 

 

 

 

PERCORRIDO LONGO - DIFÍCIL


 

   
DESCARGAR TRÍPTICO

Recorda:

  • Para cruzar a vía do tren hai un viaduto ao Leste do mapa e un túnel ao Oeste. Non cruzar a vía do tren por outros puntos.
  • As zonas con auga poden ser perigosas.
  • En caso de choiva ou crecidas os terreos próximos ao río poden estar alagados. Coidado cando o terreo estea húmido.
  • A maioría dos controis están nos camiños. A posesión dos mapas non dá permiso de acceso aos terreos privados.
  • É aconsellable usar compás e indumentaria apropiada.
  • A práctica da Orientación implica respectar o medio ambiente.