POLÍTICA DE PRIVACIDADE

www.cenlle.es é un dominio de internet de titularidade do Concello de Cenlle, Trasariz, 1 - 32459 Cenlle(Ourense), Tlf.: 988 40 06 03, e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

De conformidade coa vixente Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, o Concello de Cenlle informa que na web www.cenlle.es non se solicitan nin se recollen datos de carácter persoal. Porén, ofrecémoslle a posibilidade de poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico, sen que en ningún caso se almacenen os seus datos nun ficheiro organizado.

O Concello de Cenlle informa que, cando se empregue o seu enderezo electrónico como medio de comunicación, entenderase que o usuario está prestando o seu consentimento para que o Concello de Cenlle trate os datos de carácter persoal que lle foran facilitados para presta-lo servizo específico solicitado. O Concello de Cenlle  garante que en ningún caso se empregarán ditos datos con distinta fin.

O Concello de Cenlle conta con tódolos medios para garanti-la seguridade e protección dos seus sistemas de información e dos datos facilitados polo usuario. Nalgúns casos, pódense utilizar testemuñas que recollan información sobre as preferencias de navegación do usuario. As testemuñas non proporcionan nin o nome do usuario nin ningún outro dato persoal, a menos que se facilitase voluntariamente. O usuario pode configura-lo seu navegador para ser avisado da recepción de testemuñas e para impedi-la instalación das mesmas no seu disco duro.

O uso dos servizos ofrecidos na presente web site por menores de idade ten que ser previamente autorizado polos seus pais, titores ou representantes legais, xa que teñen a consideración de responsables dos actos que realicen os menores ó seu cargo.

Queda prohibida a utilización indebida ou non autorizada da información que contén esta web. O incumprimento desta prohibición así coma os prexuízos que se poidan ocasionar pode dar lugar ó exercicio das accións que legalmente corresponda efectuar e, se procede, á responsabilidade que de dito exercicio se deriven.