PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, DUNHA LICENZA DE TAXI PARA O MUNICIPIO DE CENLLE.

I.- OBXECTO DO CONTRATO E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN

CLAÚSULA PRIMEIRA. Obxecto do Contrato

Constitúe o obxecto do presente prego a adxudicación en réxime de concorrencia de 1 licenza de taxi para o Municipio de Cenlle, de conformidade coa Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, o Decreto 103/2018, de 13 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 4/2013, de 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, a Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres, o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres aprobado por Real Decreto 1211/1990 de 28 de setembro, e o Regulamento Nacional dos Servizos Urbanos de Transporte en Automóbiles Lixeiros aprobado por Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo, e demais normativa aplicable.

CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de Selección e Adxudicación

A forma de adxudicación da licenza de taxi será o de Concurso Público, tal como establece o artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Para a valoración das proposicións atenderase a varios criterios, entre os cales se valorará de modo preferente, segundo establece o artigo 8.3 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, a antigüidade como condutor ou condutora de taxi. Tamén serán obxecto de valoración a previa dedicación á profesión de taxista e que o vehículo de turismo que se pretenda adscribir á licenza de taxi sexa adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida durante o tempo mínimo que se estableza en devandita convocatoria, no seu caso.

CLÁUSULA TERCEIRA. Condicións de Participación

Serán requisitos para a obtención e outorgamento da licenza, os seguintes:

a) Ter nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea ou doutro país estranxeiro no que, en virtude de acordos, tratados ou convenios internacionais subscritos por España, non sexa exixible o requisito da nacionalidade ou contar coas autorizacións ou permisos de traballo que, de conformidade co disposto na lexislación sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, resulten suficientes para a realización da actividade de transporte no seu propio nome.

b) Acreditar a titularidade do vehículo de turismo en calquera réxime de utilización xuridicamente válido.

c) Xustificar o cumprimento das obrigación de carácter fiscal, laboral e social establecidas pola lexislación vixente.

d) Acreditar o cumprimento dos requirimentos técnicos do vehículo de turismo que utilicen para a realización do transporte que sexan exixibles pola normativa vixente.

e) Dispor da capacitación profesional para prestar servizos de taxi.

f) Ter cuberta a responsabilidade civil polos danos que puidesen ocasionarse na prestación do servizo, segundo o disposto na normativa vixente.

CLÁUSULA CUARTA. Presentación de Proposicións e Documentación Administrativa

4.1 Condicións previas

As solicitudes dos interesados deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das súas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha.

Cada licitador non poderá presentar máis dunha oferta.

4.2 Lugar e prazo de presentación de ofertas

As solicitudes se presentarán no Concello de Cenlle, con domicilio en Lg. Trasariz 2, en horario de 9:00 a 14:00 horas, dentro do prazo de 15 días contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As proposicións poderán presentarse en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando as proposicións se envíen por correo, o participante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) no mesmo día, consignándose o número de expediente, título completo do obxecto do contrato e nome do licitador.

A acreditación da recepción do referido correo electrónico se efectuará mediante dilixencia estendida no mesmo pola Secretaria municipal.

Sen a concorrencia de ambos requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez días seguintes a esa data sen que se recibira a documentación, esta non será admitida.

4.3 Contido das solicitudes

As solicitudes para tomar parte na licitación presentaranse en dous sobres pechados, asinados polo licitador, nos que se fará constar a denominación do sobre a lenda «Solicitude para licitar á concesión de licenza de taxi». A denominación dos sobres é a seguinte:

Sobre «A»: Documentación Administrativa.

Sobre «B»: Documentación Cuantificable de Forma Automática.

Os documentos a incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autenticadas, conforme á Lexislación en vigor.

Dentro de cada sobre, incluiranse os seguintes documentos así como una relación numerada dos mesmos:

 

SOBRE «A»

DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA

a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a representación.

Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, acreditarán a representación de calquera modo axeitado en Dereito.

Se o licitador fóra persoa xurídica, este poder deberá figurar inscrito no Rexistro Mercantil, cando sexa exixible legalmente.

Igualmente a persoa con poder bastanteado a efectos de representación, deberá acompañar fotocopia compulsada administrativamente ou testemuño notarial do seu documento nacional de identidade.

b) Declaración responsable de non estar incurso nunha prohibición para contratar.

Esta declaración incluirá a manifestación de acharse ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias, incluídas as do Concello, e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

Presentarase conforme ao seguinte modelo:

«MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

_________________________, con domicilio a efectos de notificacións en _____________, ____________________, núm. ___, con NIF núm. _________, en representación da Entidade ___________________, con NIF núm. ___________, a efectos da súa participación na licitación da concesión de licenza de taxi, ante ________________________

DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE:

PRIMEIRO. Que se dispón a participar na contratación da concesión de licenza de taxi.

SEGUNDO. Que cumpre con todos os requisitos previos esixidos polo prego de cláusulas administrativas particulares para ser adxudicatario, en concreto:

Que non está incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e das obrigacións coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

Que se somete á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador. (No caso de empresas estranxeiras)

Que a dirección de correo electrónico en que efectuar notificacións é __________________________.

TERCEIRO. Que se compromete a acreditar a posesión e validez dos documentos a que se fai referencia no apartado segundo desta declaración, no caso de que sexa proposto como adxudicatario do contrato ou en calquera momento en que sexa requirido para iso.

E para que conste, asino a presente declaración.

En ____________, a ___ de ________ de 20__.

Firma do declarante,

Asdo.: ________________»

SOBRE «B»

PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DOCUMENTACIÓN CUANTIFICABLE DE FORMA AUTOMÁTICA.

Se presentará conforme ao seguinte modelo:

________________________________, con enderezo a efectos de notificacións en _____________, ______________ nº___, co CIF nº _______________ en representación da Entidade _____________________________ co CIF nº ______________, enterado do expediente para a concesión da licenza de taxi por concurso, anunciado no Perfil do contratante, fago constar que coñezo o Prego que serve de base ao contrato e acéptoo integramente, tomando parte da licitación e comprometéndome a levar a cabo o obxecto do contrato según consta a continuación:

Documentos relativos aos criterios de valoración, que se deban cuantificar de forma automática.

CRITERIO OFERTA
Por cada ano completo de exercicio de profesión (ata 3 puntos)  
Experiencia en transporte de mercancía por carreteira (ata 2 puntos)  
Compromiso de aportación de vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida (ata 1 punto)  
Por ser veciño de Cenlle (ata 1 punto)  
Por atoparse en situación de desemprego (ata 2 puntos)  
Por compromiso de dispoñibilidade ás 24 horas (ata 1 punto)  

CLÁUSULA QUINTA. Publicidade

Terminado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase a lista no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que os interesados e as Asociacións profesionais de empresarios e traballadores poidan alegar o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos no prazo de quince días (artigo 10 do Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo).

CLÁUSULA SEXTA. Criterios de Adxudicación

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta máis vantaxosa atenderase a varios criterios de adxudicación.

Criterios cuantificables automaticamente, puntuaranse en orde decrecente:

1 - Por cada ano completo (depreciándose as súas fraccións), de exercicio da profesión de condutor de transporte público de viaxeiros, acreditado mediante a inscrición e cotización por tal concepto á Seguridade Social: 1 punto (máximo por este concepto 3 puntos).

2 - Experiencia en transporte de mercancías por carreteira.- 0,50 puntos por cada ano completo (depreciándose as súas fraccións), ata un máximo de 2 puntos.

3 - Por compromiso de aportación de vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida: 1 puntos

Neste caso, o vehículo que o licitador se comprometa a aportar ao servizo deberá posuír a clasificación como turismo, contado así mesmo coa reforma autorizada para transporte con mobilidade reducida. Os vehículos deberán cumprir así mesmo o disposto no apartado 2º (taxis accesibles) do Anexo VII do Real Decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas, de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade, que define os aspectos básicos relativos a aqueles vehículos que deben ser considerados idóneos para o transporte con mobilidade reducida nos seguintes termos: “Os vehículos que presten servizo de taxi ou auto taxi e que se queiran calificar de accesibles, para poder transportar persoas con discapacidade, deben satisfacer os requisitos recollidos na Norma UNE 26.494 e as súas posteriores modificacións.

4 - Por ser veciño de Cenlle, cunha antigüidade mínima de tres meses.- 1 punto.

5 - Por atoparse en situación de desemprego, debidamente acreditado: 0,5 puntos por cada ano ou fracción, ata un máximo de 2 puntos.

6 - Por compromiso de dispoñibilidade ás 24 horas.- 1 punto.

TOTAL 10 PUNTOS.

En caso de empate na puntuación outorgada a varios candidatos, se dará preferencia aos que acrediten máis puntuación nos apartados 1, 2 e 3.

CLÁUSULA SÉTIMA. Mesa de Contratación

A Mesa de contratación será o órgano competente para efectuar a valoración das ofertas e cualificar a documentación administrativa, e actuará conforme ao previsto no artigo 326 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e no Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, desenvolvendo as funcións que nestes establécense.

A Mesa de Contratación, de acordo co establecido no punto 7 da Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, estará presidida por un membro da Corporación ou un funcionario da mesma e actuará como Secretario un funcionario da Corporación. Formarán parte dela, como vogais, o Secretario ou, no seu caso, o titular do órgano que teña atribuída a función de asesoramento xurídico, e o Interventor, ou, no seu caso, o titular do órgano que teña atribuídas a función de control económico-orzamentario,así como aqueloutros que se designen polo órgano de contratación entre o persoal funcionario de carreira ou persoal laboral ao servizo da Corporación, ou membros electos da mesma, sen que o seu número, en total, sexa inferior a tres. Os membros electos que, no seu caso, formen parte da Mesa de contratación non poderán supor máis dun terzo do total de membros da mesma. Actuará como Secretario un funcionario da Corporación.

A súa composición estará integrada polos seguintes membros:

PRESIDENTE:        D. GABRIEL ALEN CASTRO

VOGAIS:                D.ª MARIA TERESA ESPINOSA BARRAS

                            D. MANUEL GONZALEZ PEREZ

                            Dª. CRISTINA SOUSA RODRIGUEZ

         Actúa como Secretaria da Mesa, D.ª ANA BELEN DIEGUEZ VARELA, funcionaria do Concello de Cenlle.

CLÁUSULA OITAVA. Apertura de Proposicións

A Mesa de Contratación constituirase o 5º día hábil tras a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 13:00 horas, procederá á apertura do sobre «A» e cualificará a documentación administrativa contida nos mesmos.

Se fose necesario, a mesa concederá un prazo de 3 días para que o licitador corrixa os defectos ou omisións subsanables observados na documentación presentada, procedéndose a continuación á apertura do Sobre “B”.

Trala lectura das devanditas proposicións, a mesa poderá solicitar cantos informes técnicos considere precisos, para a valoración destas conforme aos criterios e ás ponderacións establecidas neste Prego.

CLÁUSULA NOVENA. DECLARACIÓN DE PROPOSICIÓN COA PUNTUACIÓN MAIS ELEVADA

Á vista da valoración dos criterios de adxudicación, a Mesa de Contratación proporá ao órgano de contratación a adxudicación da licenza ao solicitante que acade a maior puntuación.

CLÁUSULA DÉCIMA. Dereitos e Obrigación do Titular da Licenza

No prazo de sesenta días naturais contados desde a data da concesión da licenza municipal, o seu titular virá obrigado a prestar o servizo de forma inmediata e co vehículo afecto ao mesmo.

Os dereitos e obrigacións do titular da licenza son os que nacen deste Prego, que terá carácter contractual, e da licenza outorgada polo Municipio, así como os derivados da Lexislación aplicable.

O titular da licenza deberá acreditar que se atopa ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e ter cuberta a responsabilidade civil polo danos que poidan ocasionarse con motivo da prestación do servizo nos termos establecidos pola normativa vixente. O incumprimento das obrigas anteriores será causa suficiente para a retirada da licenza por parte do Concello de Cenlle.

CLÁUSULA DÉCIMO PRIMEIRA. Confidencialidade e tratamento de datos

16.1 Confidencialidade

A persoa adxudicataria (como encargada do tratamento de datos), en cumprimento dos principios de integridade e confidencialidade, debe tratar os datos persoais aos que teña acceso de forma que garanta unha seguridade axeitada incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental, mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas de conformidade co establecido na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos).

Esta obrigación é complementaria dos deberes de segredo profesional e subsistirá aínda que finalice o contrato co responsable do tratamento dos datos (Concello).

16.2 Tratamento de Datos

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento xeral de protección de datos, os licitadores quedan informados de que os datos de carácter persoal que, no seu caso, sexan recollidos a través da presentación da súa oferta e demais documentación necesaria para proceder á contratación serán tratados por este Concello coa finalidade de garantir o axeitado mantemento, cumprimento e control do desenvolvemento do contrato.

CLÁUSULA DÉCIMO SEGUNDA. Recursos Administrativos e Xurisdicionais

Os Acordos correspondentes do órgano de contratación porán fin á vía administrativa e serán inmediatamente executivos. Contra os mesmos pode interporse recurso potestativo de reposición, de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o ditou, ou recurso contencioso-administrativo, conforme ao disposto na Lei Reguladora de devandita Xurisdición, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir da notificación do Acordo.

II.- DAS LICENZAS

CLÁUSULA DÉCIMO TERCEIRA.

                                                                  

Para a prestación do servizo de taxi será imprescindible a obtención da correspondente licenza municipal e autorización interurbana de taxi, que será outorgada pola Dirección Xeral competente en materia de transportes da Xunta de Galicia.

CLÁUSULA DÉCIMO CUARTA.- ÁMBITO DAS LICENZAS

                                                                  

         O réxime de outorgamento, utilización, suspensión e extinción das licenzas axustarase ao previsto na presente Ordenanza.

A perda da autorización interurbana de taxi dará lugar á cancelación da licenza municipal.

A perda da licenza municipal dará lugar á cancelación da anterior.

CLÁUSULA DÉCIMO QUINTA.- TRANSMIBILIDADE DAS LICENZAS

                                                                  

A licenza de taxi e autorización interurbana serán transmisibles a calquera persoa física que o solicite e acredite que cumpre cos requisitos para ser titular e se comprometa a presta-lo servizo coas mesmas condicións que o titular anterior.

Non se poderá autoriza-la transmisión antes do transcurso de dous anos dende a data de outorgamento, excepto no caso de falecemento do titular no que o herdeiro adquirirá os dereitos e obrigas inherentes á licenza sen que haxa transcorrido o prazo anterior.

CLÁUSULA DÉCIMO SEXTA.- SUSPENSIÓN DAS LICENZAS

                                                                  

As licenzas de taxi poderán ser suspendidas temporalmente por un período máximo de dous anos:

  1. Por solicitude da persoa titular, cando deba deixar de exercer a actividade temporalmente por unha causa xustificada.
  2. De oficio, no caso de transmisións forzosas, cando a persoa adxudicataria careza dos requisitos esixidos para ser titular.

CLÁUSULA DÉCIMO SÉTIMA.- EXTINCIÓN DAS LICENZAS

                                                                  

As licenzas de taxi extínguense por algunha das seguintes causas:

  1. Renuncia da persoa titular ou falecemento desta sen herdeiros.
  2. Revogación.

Procederá declarar caducadas as licenzas de taxi nos casos de incumprimento polo titular das condicións que xustificaron o seu outorgamento, de non se producir o inicio do servizo no suposto de que a licenza de taxi estiver suspendida, pola falta de dedicación á actividade polo seu titular cando esta fora esixible ou pola obtención, xestión ou explotación da licenza de taxi por calquera forma non prevista por esta lei e no seu desenvolvemento regulamentario.

CLÁUSULA DÉCIMO OITAVA.- EXPLOTACIÓN DA LICENZA

                                                                  

Os titulares da licenza veranse obrigados a explotala persoalmente ou mediante persoal asalariado, a xornada completa e con dedicación exclusiva.

En todo momento, e coa autorización municipal correspondente, poderase substituír un vehículo por outro, sempre que este reúna as condicións necesarias a que se refire esta.

CLÁUSULA DÉCIMO NOVENA.- RÉXIME DA XORNADA

                                                                  

O réxime da xornada de traballo e obrigas dos condutores é o establecido no Real Decreto 763/1979, do 16 de marzo, polo que se aproba o regulamento nacional dos servizos urbanos e interurbanos de transportes en automóbil lixeiros, e para o cumprimento das obrigas a Alcaldía ditará as ordes precisas para a xestión do servizo.

III.- DOS VEHÍCULOS

CLÁUSULA VINTE.- CONDICIÓN DOS VEHÍCULOS

                                                                  

Os vehículos adicados ao servizo de taxi deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 24 e 25 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia e o establecido no Real Decreto 763/1979, do 16 de marzo, polo que se aproba o regulamento nacional dos servizos urbanos e interurbanos de transportes en automóbil lixeiros, debendo reunir as seguintes características:

-    Capacidade para cinco viaxeiros como mínimo e sete como máximo.

-    Catro portas.

-    As portas deberán estar dotadas dun mecanismo convinte para acciona-los seus cristais a vontade do usuario.

-    Os asentos, tanto do condutor como dos usuarios, así como os respaldos, terá a flexibilidade suficiente.

-    O interior estará revestido de material que poida limparse doadamente para a súa conservación en estado de pulcritude.

-    O piso irá recuberto de goma ou outra materia impermeable doado de limpar.

-    Os vehículos deberán ir provistos de extintor de incendios.

-    Os vehículos learán pintado nas portas dianteiras o escudo de Cenlle e como único distintivo exterior mostrarán as placas regulamentarias coas iniciais de SP. Para a súa identificación deberán levar na parte superior dianteira central do teito da carrozaría un letreiro luminoso coa palabra taxi, que será visible dende a parte frontal e traseira do vehículo ou un distintivo interior doadamente visible.

No interior, nun sitio visible para os usuarios, levará unha placa no que figure o número de matrícula e da licenza municipal.

Así mesmo, nun lugar visible do interior, levarán un exemplar das tarifas vixentes.

IV.- TARIFAS

CLÁUSULA VINTE E UNHA.- TARIFAS

                                                                  

O réxime de tarifas será o establecido na Orde do 10 de decembro de 2013, pola que se regulan as tarifas aplicables aos servizos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo de ámbito interurbano, que establece as seguintes tarifas revisadas:

 

Tarifa anterior

(sen IVA)

Tarifa/ usuario anterior

Tarifa

(sen IVA)

Tarifa/

usuario

Prezo por Km recorrido 0,988361 1,09 1,002198 1,10
Prezo por hora de espera 13,065193 14,37 13,248105 14,57
Mínimo de percepción 2,965083 3,26 3,006595 3,30
Tempo de espera (15 min) 3,266298 3,60 3,312026 3,64
Suplemento para domingo, festivo o nocturno (entre as 22:00 e as 06:00 horas en días laborais e entre as 00:00 e as 24:00 horas en domingos e festivos): 20%

V.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

CLÁUSULA VINTE E DÚAS.- INFRACCIÓNS

                                                                  

Será constitutivo de infraccións leves:

  1. Negarse a presta-lo servizo solicitado persoal ou telefonicamente sen concorrer causa xusta.
  2. Non porta-la documentación esixida referente ao vehículo e ao condutor.
  3. Non proporcionar cambio ó cliente na cantidade mínima esixida.
  4. Prestar un servizo sen a correción e normas básicas de educación social, faltando ó respecto ó viaxeiro.
  5. A falta de aseo persoal.
  6. A falta de limpeza do vehículo
  7. Fumar no interior do vehículo.
  8. Non depositar na Oficina Municipal correspondente aqueles   obxectos que os viaxeiros teñan deixado esquecidos no seu vehículo.

Será constitutivo de infraccións graves :

  1. Seguir o traxecto máis largo para chegar ó destino marcado polo viaxeiro, salvo que se manifeste o contrario.
  2. Non respectar o calendario de traballo.
  3. Prestar o servizo sen ter pasado as revisións legalmente obrigatorias para o vehículo.
  4. O incumprimento do réxime tarifario.
  5. Prestar o servizo carecendo dos seguros obrigatorios.
  6. Falsificación do titulo habilítante.
  7. Reincidir en unha infracción leve, dentro do mesmo ano.

Será constitutivo de infracción moi grave :

  1. Cometer catro faltas graves no período dun ano.
  2. A comisión de delitos, clasificados polo Código penal como dolosos, con ocasión ou motivo da profesión.
  3. Abandonar ó viaxeiro sen render o servizo que       para el fora requirido, sen causa xustificada.
  4. Conducir o vehículo nun estado de embriaguez ou baixo os efectos de drogas tóxicas ou outras substancias que produzan efectos análogos.
  5. Reter calquera obxecto abandonado no vehículo sen dar conta de elo á autoridade competente dentro do prazo das 72 horas seguintes.
  6. As infraccións determinadas no artigo 289 do Código de Circulación e a manifesta desobediencia ás ordes da Alcaldía nesta materia.

CLÁUSULA VINTE E TRES.- CONTÍA DAS SANCIÓNS

                                                                  

Previa ponderación do dano producido, a contía das sancións deberán respectar as seguintes limitacións:

-          Sancións leves: Sancionarase co apercibimento ou multa de ata 750€

-          Sancións graves: Sancionarase con multa de ata 1.500€

-          Sancións moi graves: Sancionarase con multa de ata 3.000€

CLÁUSULA VINTE E CATRO.- PROCEDEMENTO SANCIONADOR

                                                                  

O procedemento sancionador iniciarase de oficio e a instancia de parte, de conformidade co previsto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común, e o Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real Decreto 1398/1993.

A entidade Local deberá exercitar a acción penal oportuna ou poñer os feitos en coñecemento do Ministerio Fiscal cando poidan constituír delito ou falta.

A incoación do procedemento penal deixará en suspenso a tramitación do procedemento administrativo ata que a mencionada xurisdición se teña pronunciado. Non obstante, poderán adoptarse as medidas cautelares urxentes que aseguren a conservación do ben e o restablecemento ó seu estado anterior.

CLÁUSULA VINTE E CINCO.- RÉXIME XURÍDICO

                                                                  

O réxime xurídico aplicable ao outorgamento das licenzas, ademais do establecido neste Prego e normas citadas nel, rexerase polos preceptos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

O réxime xurídico aplicable ás licenzas e aos vehículos rexerase polo presente prego e os preceptos da lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, Real Decreto 763/1979, do 16 de marzo, polo que se aproba o regulamento nacional dos servizos urbanos e interurbanos de transportes en automóbil lixeiros e demais normativa concordante.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE